jueves, 3 de junio de 2021

Pontedeume Medieval

 


Queridísimos/as Panteiras


O prometido é débeda, así que vos comentos os pasos que tedes que seguir para poder descagar a APP de realidade aumentada que vimos nas tabletas o pasado xoves . 

Como ben víchedes, é unha aplicación estupenda e nos axuda a facernos unha idea de como vivía a xente eumesa na idade media. 

Aproveitade nun paseo que fagades pola vila e acercarvos ao Torreón e descargar a APP a través do Código QR que alí hai.  É Gratuita! 

Espero que a desfrutedes coa vosas familias. 



A guía da visita é unha descendente da primeira peregrina que está rexistrada na nosa vila e nos escribe esta carta que comparto:

Querida/ou viaxeira/ou:

Benvida/ou ao Pontedeume Medieval!

Antes de nada me presento... O meu nome é  Margery, orixinal de  Bristol, Inglaterra. Son unha das descendentes da primeira muller documentada no Camiño Inglés a Santiago de Compostela no ano 1417. Do mesmo xeito que ela e, e tamén de ti, gocei do bo trato das xentes de Pontedeume durante a miña viaxe a Santiago.

Se o desexas, sería un pracer ser a túa guía ao século  XVI, época de esplendor de Pontedeume e os Señores de Andrade. Poderás ler e escoitar os meus consellos.

Ademais dos meus, e debo dicilo, excelentes consellos á hora de visitar a vila, con esta aplicación poderás:

- Descubrir e experimentar escenas da historia medieval.
- Guiarche e definir roteiros aos principais monumentos de Pontedeume.
- Utilizar a cámara do teu dispositivo para gozar de Pontedeume en realidade aumentada.
- Levarche un recordo. Xa que poderás revivir as escenas da aplicación tamén no teu fogar.

Margery


No hay comentarios:

Publicar un comentario

REUNIÓN FINAL

REUNIÓN FINAL 4º B Como ben sabedes xa tivemos a reunión final. Para todas aquelas familias que non puideron asistir, comparto con vós un do...