domingo, 19 de junio de 2022

REUNIÓN FINAL


REUNIÓN FINAL 4º B

Como ben sabedes xa tivemos a reunión final. Para todas aquelas familias que non puideron asistir, comparto con vós un documento onde poderedes ver o máis importante!



O máis importante son estes aspectos:













Os cambios máis siginificativos son: 

- Terán que promocionar a 6º


- Proxecto competencial
- Pasarán a ter unha hora menos de matemáticas e unha máis de ciencias naturais. 
Ademais existirán outros cambios que afectarán á hora de programar  


































 

GRAZAS   ,    GRAZAS     E     GRAZAS!




Estimadas familias e queridos e queridas PANTEIRAS!!!!!!! ( OU tripulantes????)

Os vosos titores escribimos estas verbas para agradecervos ! Primeiro a vós porque sodes uns alumnos e alumnas moi bonitos e bonitas! Encántanos as ganas que tedes de participar en todo o que se vos propoñe, o interese que tedes por saber máis e máis, o bos compañeiros e compañeiras que sodes, a vosa capacidade para entender ao outro... tantas cousas... SEGUIDE A SER COMO SODES!!!!

Moitas veces aparece no teléfono de Rosalía recordatorios de fotos do curso pasado...é incrible o que medráchedes. Tedes que ser conscientes de todo o que aprendichedes e evolucionáchedes!!! Estomos moi orgullosos de vós!!!! 

Por outra banda queremos agradecer aos vosos pais e nais a súa implicación, participación e por educarvos tan bonito! 

SEGUÍMONOS VENDO POLO COUCEIRO!

Unha aperta enorme!

FDO:

Sergio e Rosalía!


 

 

viernes, 25 de marzo de 2022

 

Estimadas familias:

O pasado luns 21 foi o día da poesía. Así que os/as tripulantes de 4º b se convertiron en poetas e poetísas.

Ademáis, o concello nos invitou a sementar estes versos no paseo marítimo. 

Neste vídeo tedes o resultado das súas creacións e desta sementeira! Son uns/unhas auténticos/as artistas.

Ollade!

Pinchade no enlace para poder velo!


https://youtu.be/0OczK5AbK00








viernes, 4 de marzo de 2022

O ENTROIDO

 


Boa tarde familias:


COmparto con vós algúns do momentos que se viviron neste entroido coucerista. Espero que para o próximo curso podamos vivilo con total normalidade! 

Desfrutade das fotos  e do pequeno video!




































jueves, 10 de febrero de 2022

JOSEBA MURUZABAL

 Bo día familias

O alumnado de 3º e 4º estamos a estudar a Joseba Muruzabal. 

Este é un pintor e muralista que ten unha colección de obras chamadas: Fenómenos do rural.  Esta é unha colección na que o autor pinta a superavoas nas fachadas das casas e edificios.

Mostrámosvos algúns exemplos e en breves vos mostraremos o que estamos facendo...








sábado, 6 de noviembre de 2021

 O   samaín   e   lectura   a   escuras  ...

O venres pasado os tripulantes de 4º b viñeron moi terroríficos ao cole!!!! 

Pero alguén máis terrorífica os estaba a esperar...MALÉFICA!!!!!! muahahahahaha!!!

Os seus peores soños fixéronse realidade!!!!


Comparto con todos/as vós un vídeo dos momentos vividos por eles durante o día!




viernes, 5 de noviembre de 2021

 VOTACIÓNS  NO  COUCEIRO!


Bo día familias de 4º B

O día 22 de outubro os/as tripulantes de cuarto participaron nas eleccións da temática do PDI que se realizará este curso 21-22.
Estas eran tres:

. Cinema e televisión

. Camiño de Santiago

. Arte







Todos/as eles/as provistos do seu Carnet da biblioteca emitiron o seu voto con dúbidas e ilusión. Os tres temas eran moi apetecibles! 
 O día anterior, xoves 21/10, puidemos visitar a exposición onde consultaron e disfrutaron de diferentes libros relacionados con cada unha das temáticas. Para que tiveran criterio á hora de emitir o seu voto!
Estaban emocionados e emocinadas co que vían:
-Profe! MIra! Como mola este libro!
- Pode levalo para casa hoxe?


COmparto con vós algún dos momentos vividos. Espero que sexa do voso agrado.




vOTACIÓNS






Finalmente a temática máis escollida foi arte! Así que a partir de agora imos a chegar a ser expertos/as deste tema! 

REUNIÓN FINAL

REUNIÓN FINAL 4º B Como ben sabedes xa tivemos a reunión final. Para todas aquelas familias que non puideron asistir, comparto con vós un do...