jueves, 24 de junio de 2021

FELIZ VERÁN FAMILIAS 


Comparto algunhas das fotiños do que fixemos no curso.

Espero que vos gusten.

Un saudiño





LEMOS EN VERÁN!

PARA LER NO VERÁN!


Güino nos recomenda os seguintes libros para ler no verán, se é que non o

 tedes claro de todo. Deixovos o enlace para visitar a páxina de bibliocouceiro 

que podades botarlle un ollo ás recomendacións.

O libro de "El club de los raros" ten moi boa pinta. Tereino que ler para ver se me equivoco ou non?



E vos? Cal ides ler?




        <a href='https://www.freepik.es/fotos-vectores-gratis/agua'>Vector de Agua creado por brgfx - www.freepik.es</a>


CONTOS PARA OS NOSOS MAIORES

                        CONTOS PARA OS NOSOS MAIORES 


O pasado mes de abril, fixemos unha actividade moi bonita.


PINCHADE O ENLACE e ollade o vídeo e a ver se vedes as/os panteiras de 3º B

Esperemos que sexa do voso agrado!




https://youtu.be/Mq2Z0ce2rgU

domingo, 13 de junio de 2021

QUERIDO GÜINO


   Querido Güino:                                 Pontedeume, 13 de xuño do 2021



Xa pasaron moitos meses desde que nos propuxeches promocionar a nosa vila. Xa

 imos rematar o curso...o tempo pasa rapidísimo!


Así que nos diriximos a ti para que vexas o que fumos capaces de facer: CARTEIS!

 nin máis nin menos... e estes foron colocados nos edificios máis importantes da

 vila!.

Que che parece? ALUCINANTE, verdade? Creo que superamos o reto, non si?

Esperamos que sexan do teu agrado.


OS/AS PANTEIRAS DE 3º B


Biblioteca Municipal 

Torreón dos Andrade

Torreón dos Andrade


                                            Concello de Pontedeume


Casa da Cultura


Un bico de peteiro moi grande!

A lenda do río Eume


     A    LENDA    DO     RÍO     EUME

Sabedes por que o río ao que chamamos

 Eume chegou á nosa terriña...seica

 todo foi por un enfado...

Escoitade, escoitade!








martes, 8 de junio de 2021

jueves, 3 de junio de 2021

Pontedeume Medieval

 


Queridísimos/as Panteiras


O prometido é débeda, así que vos comentos os pasos que tedes que seguir para poder descagar a APP de realidade aumentada que vimos nas tabletas o pasado xoves . 

Como ben víchedes, é unha aplicación estupenda e nos axuda a facernos unha idea de como vivía a xente eumesa na idade media. 

Aproveitade nun paseo que fagades pola vila e acercarvos ao Torreón e descargar a APP a través do Código QR que alí hai.  É Gratuita! 

Espero que a desfrutedes coa vosas familias. 



A guía da visita é unha descendente da primeira peregrina que está rexistrada na nosa vila e nos escribe esta carta que comparto:

Querida/ou viaxeira/ou:

Benvida/ou ao Pontedeume Medieval!

Antes de nada me presento... O meu nome é  Margery, orixinal de  Bristol, Inglaterra. Son unha das descendentes da primeira muller documentada no Camiño Inglés a Santiago de Compostela no ano 1417. Do mesmo xeito que ela e, e tamén de ti, gocei do bo trato das xentes de Pontedeume durante a miña viaxe a Santiago.

Se o desexas, sería un pracer ser a túa guía ao século  XVI, época de esplendor de Pontedeume e os Señores de Andrade. Poderás ler e escoitar os meus consellos.

Ademais dos meus, e debo dicilo, excelentes consellos á hora de visitar a vila, con esta aplicación poderás:

- Descubrir e experimentar escenas da historia medieval.
- Guiarche e definir roteiros aos principais monumentos de Pontedeume.
- Utilizar a cámara do teu dispositivo para gozar de Pontedeume en realidade aumentada.
- Levarche un recordo. Xa que poderás revivir as escenas da aplicación tamén no teu fogar.

Margery


REUNIÓN FINAL

REUNIÓN FINAL 4º B Como ben sabedes xa tivemos a reunión final. Para todas aquelas familias que non puideron asistir, comparto con vós un do...