sábado, 23 de octubre de 2021

DESEÑAMOS O NOSO PATIO DE RECREO!


CREAMOS O PATIO QUE NOS GUSTARÍA TER!


Bo día familias!

Durante os tres últimos mércores, os/as tripulantes estiveron participando nuns obradoiros propostos pola ANPA e da man de REXENERANDO chamados: Medrando nun espazo de igualdade!

Durante os mesmos, analizaron a que xogaban no recreo, os espazos que ocupaban uns e outros...

Por último realizaron unhas maquetas onde plasmaban todas as ideas que eles/as tiñan en relación ao que lles gustaría que houbese no seu patio de recreo e como tería que ser.

Todas eran moi boas ideas e, ainda que unhas poucas difíciles de poñer en práctica, a maioría poderían facerse sen dúbida!

Estas maquetas poderán ser visitadas polos grupos de 4º nunha pequena exposición dentro do centro e revisadas  pola comisión de patios;  composta por pais, nais e mestres/as. 

A ver que cousiñas, poden levarse á práctica! Esperemos que deste obradoiro consigamos un recreo máis coeducativo e igualitario.























 

miércoles, 6 de octubre de 2021

 Informacións a ter en conta!


Boa tarde familias

Comparto con vós a presentación que empreguei o día de onte na reunión de comezo de curso.

Olládea! Se tedes algunha dúbida, preguntádeme e encantada respondereivos

Un saúdo

Rosalía






























REUNIÓN FINAL

REUNIÓN FINAL 4º B Como ben sabedes xa tivemos a reunión final. Para todas aquelas familias que non puideron asistir, comparto con vós un do...